O rexedor valorou que esta manifestación, «no ámbito dos dereitos, marcará un antes e un despois», e enxalzou que Vigo saíra a rúa «reclamando os dereitos das mulleres, reclamando a igualdade, reclamando a desaparición das trabas e de todos os factores de marxinación, e apoiando a todas as vítimas de violencia de xénero», en toda Galicia pero en Vigo «de forma tan importante». De feito a imaxe da rúa Urzaiz ateigada de xente tivo unha grande repercusión a escala nacional.
Por último, o rexedor recordou que o deste xoves foi «algo que sucedeu contadas veces nesta cidade, o que é extraordinario porque a causa era magnífica». «Por iso, o meu orgullo de ser o alcalde de Vigo e a miña felicitación a toda a cidade», rematou.