A parcela, de 5.500 metros cadrados e de titularidade municipal, permanece completamente en desuso e, dada a súa gran dimensión, o proxecto firmado por Martín Piñeiro plantexa a creación de dúas zonas: unha deportiva que dispoña de pista multideportes, e outra lúdica, de descanso e retiro.
«Trátase de recuperar unha gran superficie para o uso cidadán nunha zona que, precisamente, carece de parques para os máis pequenos», suliña o alcalde, Juan González.
A obra se iniciará coa retirada de toda a maleza acumulada na zona oeste e posterior homoxeneización da superficie para que quede continua. A parcela estará delimitada cunha baranda de acero galvanizado de 1 metro de altura con respecto á rúa e se dotará de iluminación mediante farolas con fustes de 4 metros. Ademais, para dar sombra en diferentes puntos, plantaranse carballos.
O novo espazo contará cunha pista multideportes de 21,19×11,04 metros de formigón pulido con peche perimetral de 1 metro de altura en taboleiro de polietileno pola súa gran resistencia ao impacto e facilidade á hora de eliminar pintadas. A portería, coas dimensións regulamentarias, contará con rede antivandálica (feita con barrotes de aceiro inoxidable), tamén disporá de canastras para xogar ao baloncesto. Toda a pista estará iluminada con columnas.
Ademais, a zona de recreo estará dotada de bancos para o descanso de madeira con perfís metálicos, papeleiras e dúas fontes e a zona infantil contará con elementos de xogo como columpios, balancíns, e casiñas modulares sobre unha superficie de caucho. Ao lado da pista multideportes ubicarase unha gran tirolina.
O Concello de Nigrán investiu recentemente un total de 56.051 € na renovación dos parques infantís da Alameda de A Ramallosa, Gaifar (Panxón, frente ao pavillón) e Centro Cultural ‘A Camoesa’ (Camos), ademais de crear un novo parque na Ramallosa e en San Roque (Camos). «Temos a punto de sacar a contratación outros dous novos parque infantís, queremos un Nigrán onde nenos e maiores poidan gozar de espazos de esparcemento», finaliza o alcalde, Juan González.