“Cando Abel Caballero decidiu volver dar concesión ao espazo que ocupaba o antigo Jonathan, o plan de rexeneración dunar de Samil quedou anulado de facto, mais agora pode significar mesmo unha grave agresión ambiental de proxectarse un aparcadoiro soterrado xunto á licitación do hotel”, denuncian.
Marea de Vigo entende que este inmoble e os terreos próximos deberían ser destinados a zona verde e formar parte do futuro marco de rexeneración ambiental e paisaxística na zona e que tería que ser determinado pormenorizadamente no Plan Especial de Rexeneración Ambiental e Acondicionamento do Litoral Urbano (Alcabre-Samil), feito que nunca aconteceu.
O grupo político lembra ademais que co horizonte de redacción do novo PXOM antes do 2022 «ten que quedar claro se existe vontade por parte do goberno local de cumprir co mandato de rexeneración da costa viguesa ao seu paso por Samil ou, de non ser así, volverase a incumprir a palabra dada como na concesión do local Marina Cíes».
Tal e como recordan, a transformación do paseo de Samil pasaba pola eliminación do muro e o traslado dos usos lúdicos e deportivos.