O alcalde asistiu á inauguración desta nova tenda, situada no polígono de O Caramuxo, acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades, e de varios responsables do grupo. Caballero visitou un espazo que conta cun almacén de 2.320 m2 e unha superficie comercial de 500 m2, que abrirá ao público de luns a sábado de 07.30 a 22.00 horas.
Con este novo espazo, Leroy Merlin reforza o establecemento que xa ten en Vigo, na Avenida de Madrid e, por tanto, fortalece a súa posición no sector de acondicionamento do fogar