No transcurso delas informouse sobre o resultado da adxudicación destas dúas promocións do CCVV, destacándose o feito de que os cinco inmobles incluídos nestas promocións foron reservados polos primeiros beneficiados no sorteo realizado o pasado día 6 de marzo.
Todos eles dispoñen agora dun prazo de 45 días para obter o financiamento para a adquisición definitiva destas residencias. No caso de que finalmente algún destes adxudicatarios non executasen a súa opción de compra a vivenda iríase ofrecendo aos outros aspirantes, segundo a orde de adxudicación establecido no citado concurso do día 6.
Subida á Costa 5 y Subida ao Castelo 12 supuxeron un investimento superior aos 500.000 euros na zona alta do barrio histórico vigués. As catro vivendas que se crearon en Subida ao Castelo 12 teñen superficies comprendidas entre os 55 e os 76 metros cadrados útiles.
Distribuídas en dúas plantas, todas elas teñen acceso directo desde a rúa e dúas delas contan cun pequeno xardín posterior, en tanto que as outras teñen balcóns abertos cara á rúa que dá nome á promoción. Os prezos dos domicilios oscilan entre os 95.000 e os 125.000 euros.
En Subida á Costa 5 o Consorcio Casco Vello creou unha vivenda unifamiliar, situada na primeira planta, e un baixo comercial, rehabilitando un edificio anteriormente dedicado a usos hostaleiros; situada moi preto do centro de notificacións da Consellería de Xustiza e do Concello de Vigo, a vivenda ten unha superficie de 69 metros cadrados, conta con dous dormitorios e o prezo fixado é de 114.000 euros.