Nestes días previos á celebración uns 350 alumnos gozarán dunha iniciativa que lles permitirá coñecer no propio Casco Vello e da man de monitores e especialistas recoñecidos, como se recuperou cidade no 1809 das tropas napoleónicas.
Un actor caracterizado do soldado francés Pierre Delapierre amosará os escenarios da Reconquista na zona vella da cidade, coa unidade didáctica ‘Mapa da Reconquista’ e materiais preparados ao efecto.