O Concello de Vigo organiza esta fin de semana un paseo literario baixo o guión das obras da colección «Historias para coñecermos Vigo». Este novo roteiro será o sábado ás 11,00 horas desde o Mercado de Teis.
O sábado 7 de abril xa celebrouse a ruta de «Entre os dous hai un río». Guiouno a autora da novela, María Ladoe, pola zona de Lavadores. Este sábado, 21 de abril, os asistentes a «Barricadas de sal» contarán cos comentarios do autor, Francisco Castro. O punto de partida é o Mercado de Teis ás 11,00 h desde onde se iniciará un paseo polo barrio.
Para participar nesta actividade é preciso inscribirse, a partir do vindeiro luns, día 19, en horario de 09,00 a 14,30 h no teléfono 986810281.