O curso será impartido polo escocés especialista en turismo Mark Auchinocloss no Centro Antena de Nigrán. Os interesados poden matricularse dende o 25 de abril ao 4 de maio na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 a 14:00 horas.
O obxectivo é mellorar a calidade do servizo que prestan facilitando que os participantes se desenvolvan correctamente en inglés á hora de, por exemplo, atender unha mesa, facer unha reserva, informar sobre direccións, asesorar nunha reclamación… Prestarase especial atención aos contidos informativos do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso por Nigrán, xa que se trata dun itinerario con cada vez máis peregrinos.
Mark Auchinocloss, fundador de English Resource Centre en Baiona, está afincado no Val Miñor dende que hai oito anos deixou Londres. Especialista en turismo e gran divulgador do Camiño Portugués pola Costa, Auchinocloss será o encargado de impartir a docencia.