A regulación da circulación realizarase mediante semáforos durante as horas indicadas. O peche é necesario para efectuar traballos de limpeza e desbroce do terreo, movementos de terras ou demolicións de firmes.
Estes traballos están enmarcados na execución dunha senda, de 3,5 quilómetros de lonxitude, que se construirá pola marxe esquerda da estrada PO-340, comezando onde rematan as beirarrúas de Gondomar e finalizando no Pq. 21+360, conectando coas beirarrúas da Ramallosa, no concello de Nigrán.
A actuación está incluída no Plan de sendas de Galicia na comarca de Vigo, na que a Xunta executará 12,5 quilómetros de novas sendas cun orzamento duns 5 millóns de euros, co financiamento asegurado ao terse incluído no programa operativo de Galicia dos fondos europeos Feder para o período 2014-2020.