Para facela realidade contarán cun grupo de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, con ganas de mergullarse na práctica do violín, interpretando ritmos e acompañamentos sinxelos, nun conxunto formado polos seus irmáns, mestres e familiares nunha sorte de orquestra de corda moi familiar. Ademais, haberá tamén un grupo de adultos.
A actividade desenvolverase en catro encontros que terán lugar ao longo do mes de maio e para elo Galicia Fiddle porá a disposición dos nenos e familiares violíns axeitados ao seu tamaño.
Como acto final, domingo 27 ás 12.30 horas organizarase un concerto xunto coa orquestra Galicia Fiddle. Todos aqueles interesados en participar no proxecto deben realizar a inscrición on-line na web da asociación.