Principio dun futuro proxecto, funcionará como unha caixa de correo de ideas: punto de encontro e debate entre artistas, profesionais, representantes de diferentes colectivos e estudantado, entorno á situación do contexto artístico na actualidade (xestión dos espazos dedicados á investigación e prácticas artísticas contemporáneas) e do seu marco profesional.
O obxectivo é crear un debate aberto sobre as funcións que debe cumprir e abarcar o modelo-proxecto museográfico que queremos e necesitamos. Conformará tamén unha posta en común das experiencias, focos de traballo e actuacións que se están a realizar por distintos axentes artísticos e colectivos a escala autonómica.
Ante a importancia de coñecer o noso contexto artístico, esta xornada abrangue unha parte fundamental na formación do alumnado, funcionando tamén como espazo profesional onde compartir e comunicar as problemáticas e dificultades existentes na situación actual do sector.
Cun plantexamento horizontal, os temas e vías de diálogo serán abertos a partir de dez intervencións, mais todas as persoas terán a mesma relevancia agardando a participación de todos os asistentes.
Entre as persoas participantes interveñen: Carme Nogueira, artista e membro de distintos colectivos (A Colectiva/ AVAG/MARCO#AsiNon); Miguel Anxo Rodríguez, Departamento de Historia da Arte (USC); Ania González, critica cultural e abogada; Berio Molina, artista,membro e co fundador de distintos colectivos; Clara Rodríguez, responsable de proxectos e co-fundadora de 7H Cooperativa Cultural; Carlos Bernárdez, historiador da arte, comisario e crítico cultural, Daniela Sarraino, ex presidenta da AAM, Agrupación de Amigos do Marco; Isaac Pérez Vicente, artista e coordinador na AVAG (1997-2000); Iria Vázquez, artista e vicepresidenta de A Colectiva e Julio Gómez, historiador, xestor cultural e investigador sonoro, entre outras.