Deste xeito, ponse a proba unha das grandes inversións da Xunta de Galicia na comarca de Vigo, nun vial que sufría unha alta sinistralidade e que moitos dos usuarios empregaban que nos días de bo tempo para acudir ás praias da península, o que adoitaba a xerar retencións, tanto no antigo corredor como na autopista AP-9.
Ademais, moitos usuarios do Morrazo veranse aliviados ao non ter que empregar tanto as estradas alternativas para viaxar a Vigo, xa que tamén estaban a soportar colas e accidentes ao longo dos oito meses de peche do corredor.
O investimento total nos 11 quilómetros de autovía ascende a 55 millóns de euros. As obras destes dous treitos rematáronse en prazo. O resto do desdobramento, ata o enlace de Cangas, estará completado para a temporada de verán de 2019.