Este forma parte da oferta educativa que proporciona Ciudad Ciencia, proxecto de divulgación científica ao que está adherido o municipio dende 2017, unha iniciativa desenvolvida polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Obra Social “la Caixa” cuxo fin é que os habitantes das localidades españolas coñezan de primeira man a actualidade científica e tecnolóxica.
O Colegio Estudio solicitou participar nesta actividade que se oferta a tódolos centros educativos do municipio. Este taller propón, entre outras cousas, experimentos cos que a clase pode fabricar compost ou distinguir entre plantas e insectos prexudiciais ou beneficiosos para o cultivo. A actividade, tutorizada online a través de persoal do Instituto de Ciencias Agrarias (ICA), inclúe o envío ao centro dun kit completo co material de laboratorio preciso para realizar os experimentos e, como foi hoxe o caso, conta coa visita dos propios investigadores do ICA.
«O feito de que o Concello de Nigrán se adherira hai un ano a Ciudad Ciencia permite que, entre outras cousas, tódolos colexios do municipio se poidan beneficiar deste tipo de actividades, polo que animamos aos centros a que aproveiten a oportunidade e no vindeiro curso participen máis», sinala o alcalde, Juan González.