Co paso dos anos, a lista de homenaxeados vai incrementándose coas figuras ilustres da literatura galega e incluso promovendo, nalgúns casos, o coñecemento popular de destacadas personalidades.
Neste ano 2018 a festa das Letras Galegas está adicada a María Victoria Moreno Márquez, profesora de ensino secundario en Lugo e Pontevedra, e autora de obras infantís e xuvenís, novelas, contos e ensaios, utilizando o seudónimo de Peregrina Pérez. O que tamén e convinte salientar é que María Victoria Moreno no era galega de nacemento. Era nativa de Valencia de Alcántara, poboación da provincia de Cáceres, e chegou a Pontevedra en 1963, mergullándose na vida cultural galega e facendo importantes achegas na escrita a través de numerosas obras, e defendendo en todo momento a lingua galega. O debuxo que acompaña este comentario está feito polo ilustrador Evaristo Pereira de la Torre, quen casualmente coincidiu con ela na presentación en Pontevedra da súa obra “A brétema” (publicada pola editorial “Ir Indo”).