“Dende o Concello de Nigrán axudamos en todo o que nos está permitido e tamén petamos nas portas de todos aqueles organismos e entidades que, sabemos, queren colaborar para paliar os estragos causados polo lume na propia natureza e tamén na vida das persoas, polo que estamos moi agradecidos a La Caixa”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán, quen gaba tamén o traballo realizado pola comunidade de montes de Chandebrito para recuperar a súa parroquia e axudar aos veciños.
“Temos un compromiso coa comarca e este é un dos xeitos de revertir na sociedade o que ela nos aporta”, trasladou Igor de Las Heras, director da Área de Negocio de CaixaBank en Pontevedra Sur, a Noemí Fialho. “Esta é unha axuda moi importante para nós porque partimos de cero, estamos moi agradecidas”, sinalou Fialho.
Paralelamente, Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito continúan co seu traballo para reforestar a zona de monte arrasada polo lume con diferentes accións de carácter educativo e divulgativo. Compre recordar que na parroquia só sobreviviron ao lume 2 hectáreas do total de 232 de monte comunal existente.