O goberno de Pontearas presentou o programa das festas de Corpus que arranca este xoves día 24 coa presentación da revista Pregón no salón de plenos ás 20:30 horas. A exposición das trinta Meninas realizadas polos centros educativos baixo o título de ‘Meninas en Flor’ abre as súas portas ás 23:30 horas no mercado municipal o sábado día 2.
O domingo a banda de música Reveriano Soutullo actuará ás 10:30 horas diante da casa do concello a santa misa seguida da procesión será ás 11:30 horas. As carrozas desfilarán baixo unha batalla floral acompañada da Banda de Gaitas Tremiñado e da novidosa animación da empresa Pablo Méndez que fará unha alegoría á arte floral.
A praza Maior acollerá a actuación da orquestra América a partir das 22.00 horas, e ás 23.00 horas a actuación do grupo Mitic cos irmáns Álvaro e Suso Costas que nos presentan un novo xeito de entender a gaita galega.
Como cada luns ás 20:00 horas chegará o momento de homenaxear aos alfombristas que xa non nos acompañan depositando un ramo de flores xunto ao monumento que os lembra. Ás 20:30 horas o auditorio acollerá o acto de entrega de medallas do Corpus Christi cunha homenaxe especial para a Comisión do Corpus de 1948.
A partir das 22:00 horas a orquestra París de Noia será a encargada de pechar as festas na Praza Maior.
Iluminación
O Corpus 2018 virá tamén cargado de novidades non só culturais e de lecer se non tamén técnicas porque atendendo ás peticións dos alfombristas, o goberno incrementará os puntos de luz e mellorará a iluminación para facilitar o traballo nocturno de todos e todas as alfombristas.
Serán máis de cen focos halóxenos de 250W máis 50 focos led equivalentes a 250W halogenuros, que proporcionan un gran aforro enerxético posibilitarán que as mans que trasladan a arte floral ao pavimento das rúas e prazas traballen con precisión e detalle.
Sesenta e dous arcos e motivos festivos luminosos adornarán as rúas de Ponteareas para recibir aos visitantes chegados de todos os puntos de Galicia, Portugal e do resto de España que se desprazarán en vehículos particulares e autobuses.