Ao longo de todo o estudo, de máis de tres meses de duración, realizáronse 30 analíticas de auga (26 de pozos e catro de fontes) e todas deron nos seus resultados índices que se atopan dentro do límite de potabilidade.
Pola súa banda, as mostras de solo tomadas durante o procedemento tamén deron resultados que se atopan dentro dos parámetros do uso urbano.
Este xoves foi polo tanto a última Comisión de Seguimento do Lindano en Mos, que fora constituída o pasado 7 de febreiro. Na mesa participaron varias asociacións de veciños, membros de todos os grupos políticos da Corporación Municipal, da empresa que está a realizar a toma de mostras e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Pola súa banda o presidente da Confederación Hidrográfica informou de que, dende a administración que preside seguiranse a realizar analíticas ao atoparse este labor dentro dos seus cometidos ordinarios.