Licenciado en Medicina, realizou a residencia en Uroloxía no Hospital Británico Rosario Argentina, aínda que posteriormente orientou a súa formación cara á xestión sanitaria. Así, efectuou varios programas superiores de Gestión Sanitaria y Hospitalaria en Icade e no Instituto de Empresa de Madrid, así como un Máster en Gestión y Metodología de la Calidad Asistencial. Por isto, no seu curriculum pódese destacar a súa experiencia na implantación de programas de produción e calidade asistencial.
Na súa traxectoria profesional leva desenvolvendo postos directivos dende hai máis de 20 anos, en Povisa e no Servizo Galego de Saúde, en concreto na EOXI de Ourense-Verín-Barco de Valdeorras. Nesa área sanitaria foi subdirector de Calidade, Docencia e Investigación; posteriormente foi nomeado director de Procesos Asistenciais e, ata a data, desenvolvía o posto de Xerente Executivo do Hospital comarcal de Valdeorras.
Cabe subliñar tamén as numerosas presentacións e relatorios en congresos relacionados coa xestión e calidade, así como varias publicacións en revistas científicas.