Esta ferramenta vai a permitir que os seus usuarios estean informados as 24 horas do día de calquera aviso ou información emitida dende o Concello. Á súa vez, dispón dun servizo de comunicación directa de incidencias, propostas e consultas municipais, de modo que os usuarios poidan enviar comunicacións sobre a caída dunha árbore, mal estado de beirarrúas ou molestias por ruídos, así como propostas de mellora que queiran facer e ademais recibirán todo tipo de información de calquera evento de interese para toda a veciñanza.
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, explicou a este respecto que “debido a que hoxe en día o uso do móbil está tan estendido, esta aplicación terá unha utilidade sinxela e de grande alcance para tódolos usuarios que se decidan e se animen a instalala e utilizala nos seus dispositivos”.
“O obxectivo é que toda a veciñanza estea informada de forma instantánea, de todo o que suceda no municipio; ao tempo que sexa unha ferramenta que promova a interactividade entre a administración local e o seus habitantes promovendo a proximidade e a mellora dos servizos e prestacións municipais”, engadiu.