O orzamento de 2019 incluirá unha partida para un proxecto «que ten unha función ecolóxica importantísima». O Anel Verde de Vigo -de 50 metros de lonxitude e 100 de ancho, terá un camiño de acceso ao longo de, alo menos cinco metros, que permitirá o fácil acceso á extinción de posibles incendios. Está formado por unha banda principal de 50 m de ancho e dúas auxiliares de 25 m de ancho.
Este anel ten unha función de preservación do monte fundamental e implicará a retirada de pirofitas (eucaliptos e pinos) e conectará co resto de parques forestais da cidade. Trátase dun proxecto a longo prazo -entre 10 e 20 anos- para estar concluído e será o Concello o que asuma os miles de millóns de euros aos que ascenderá.
Día Mundial do Medio Ambiente
Ademais, o Concello sumouse este martes á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente coa colocación nos autobuses urbanos de papeleiras amarelas para recoller envases. Trátase dunha iniciativa para chamar á concienciación social sobre a importancia da reciclaxe e o uso do transporte colectivo e o aforro de enerxía.
Outra das accións municipais para favorecer o transporte urbano non contaminante son os ascensores ou as ramplas, que funcionan con acumuladores de baixo consumo. Caballero lembrou que en 2012 se puxo en marcha o programa de voluntariado Ambiental do Concello polo que xa pasaron 1.500 persoas, 300 nos último ano.
Este colectivo traballou nas zonas afectadas polos incendios de outubro (colocación de palla e mallas para evitar o arrastre da cinza) ademais de acondicionar os montes urbanos, erradicando especies invasoras, plantando árbores autóctonas e conservando sendeiros locais. Outro dos seus labores o desenvolven en Cíes, cooperando na limpeza e eliminando especies invasoras.