Ademais, para poder facilitar aos afectados que o desexen unha listaxe con técnicos e empresas interesadas en realizar os labores de reconstrución e rehabilitación das edificación danadas pola explosión do pasado 23 de maio, dende o Centro de Afectados estanse a confeccionar unha serie de listaxes nas que se poden inscribir as empresas e profesionais interesados.
Por unha banda as empresas interesadas en figurar na listaxe deben enviar un correo a urbanismo.afectados@concellotui.org onde figure o nome da empresa, persoa de contacto, enderezo, teléfono e correo electrónico, así coma unha pequena descrición dos traballos que realizan. A listaxe completa, que se irá actualizando diariamente, será facilitada aos afectados que o soliciten.
Por outra parte, dende a xerencia urbanística da catástrofe solicitouse aos colexios oficiais de arquitectos e arquitectos técnicos unha listaxe dos seus colexiados interesados en realizar as memorias valoradas que precisan os afectados para a solicitude das subvencións. A relación destes técnicos será tamén proporcionada aos afectados que a soliciten.
O Centro de Afectados, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, abre de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e os martes e xoves de 16.00 a 20.00 horas