Por exemplo na Avenida de Castelao, o novo carril bici estará emprazado en parte da actual beirarrúa e o espazo de agora para as bicicletas será zona peonil. Partindo en Samil, pasará pola Avenida de Europa, Avenida de Castelao, Praza de América, López Mora, Camelias, Praza do Bicentenario, Venezuela, Pizarro, Travesía de Vigo e Bos Aires.
O Concello reserva un orzamento próximo aos seis millóns de euros para esta obra, explicou Caballero, quen apuntou que o carril bici construirase en cinco fases que se executarán de forma simultánea. Así, na «primavera» do próximo ano estará en funcionamento.
O novo carril bici é parte da cooperación institucional do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. O ente provincial, presidido por Carmela Silva, achega o 60% do custo, polo 40% da administración local, segundo subliñou o alcalde de Vigo.