Vázquez Padín remitiu un escrito a Sánchez no que lle lembra que coma consecuencia da explosión faleceron dúas persoas, houbo unha trintena de feridos, e gran numero de vivendas, propiedades e vehículos resultaron afectados.
Unha catástrofe de tal magnitude, sinala, que “máis de 700 persoas se viron prexudicadas gravemente” e que afectou tamén ás infraestruturas como camiños, instalacións de canalizacións de auga potable, saneamento, tendidos eléctricos, telefónicos.
Ante esta situación o alcalde lembra que a corporación municipal, con acordo plenario unánime do 31 de maio, solicitou a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil por considerar que “concorre no territorio afectado pola explosión un estado de necesidade sobrevido a esta comunidade de persoas, inevitable e imprevisible, que alterou afectiva e substancialmente as condicións de vida desta colectividade, producindo danos de considerable gravidade a unha pluralidade de veciños”.