O pasado día 28 os escolares participaron nunha xornada formativa e de reflexión para decidir cal ía a ser o tema do seu mural. Nela, explicáronselles cuestións relativas a arte urbana e a súa contribución á reflexión sobre cuestións de eido social e cultural. Tralos conceptos teóricos, tivo lugar unha asemblea e sesión práctica (no patio do centro) co obxectivo de que as alumnas e alumnos puidesen reflexionar baseando os seus traballos na cooperación e visitar a zona na que realizar a intervención.
Coa colaboración da artista Mara Méndez García, o pasado luns 18 de xuño comezou a elaboración dun mural que recolle todos os intereses, preocupacións e inquedanzas das mozas e mozos en relación á convivencia e que vén de ser finalizado, contando coa presenza da tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, Chus Garrote.
O proxecto ‘Deporuarte. Pintando alternativas’ pretende, por unha banda reivindicar a arte urbana como unha mostra de expresión cultural e de mellora da contorna e, doutra, acadar que sirva para os alumnos e alumnas dos centros educativos da provincia podan expresar as súas opinións e inquedanzas sobre os aspectos que máis preocúpanlles.
Ademais do centro do IES de Barral participaran nesta iniciativa o IES Pazo da Mercé das Neves, o IES de Barro, o IES María Soliño de Cangas, o CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis, o IES Chano Piñeiro de Forcarei, o IES Auga da Laxe de Gondomar, o IES Laxeiro de Lalín, o IES de Meaño e o IES Ribeira do Louro do Porriño.