Os préstamos estarán dispoñibles de luns a venres agás festivos en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Todos os interesados poderán solicitar o carné de usuario nun quiosco de madeira situado no paseo e alí escoller a súa lectura para retirar na caseta, que estará situada pouco antes da praia da Argazada. Deberán devolver o libro no horario establecido e nas mesmas condicións nas que o levou.
Ademais, aqueles que o desexen recibirán no seu correo electrónico información das actividades que se vaian programando ao longo do mes, especialmente enfocadas para os máis cativos. Entre elas, atópanse contacontos, cantofadas, xogos e música.
Tamén haberá láminas para pintar e recortar, agasallos de benvida, sorteos de libros entre os lectores e tanto concursos semanais como un premio final para a persoa máis lectora.