Encabezando o cartel está Gran Cañón, unha banda moi especial, da que forman parte músicos consagrados da escena nacional, que ten ó fronte unha das voces máis importantes do Rock and Roll en español na actualidade, Carlos Tarque, que sempre foi a aspiración máis ilusionante para a organización do festival pola especial relación de Tarque con Ponteareas, de onde é a súa nai e onde aínda reside boa parte da súa familia..
Carlos Tarque non chega só a Ponteareas. Polo escenario “Aguas de Mondariz” pasará un auténtico “dream team” do Rock and Roll. Gran Cañón conta nas súas filas con Leiva (Pereza) na batería e na voz, Julián Maeso ó piano e co seu inseparable órgano Hammond, Ovidi (Los Zigarros) na guitarra e na voz, Iván “Chapo” (M-Clan) ó baixo e Prisco (M-Clan) na guitarra. Unha banda incrible que repasará ós clásicos do Rock dos 70..
O sábado 21 de xullo, compartirán cartel con Terbutalina, outra banda moi desexada pola organización que aportará ese punto de loucura garaxe-punk que fará bailar a todo o que se acerque polo parque da feira vella. Os madrileños The Parrots completarán esa enerxía garaxeira e gamberra coa que triunfan dentro e fora das nosas fronteiras no escenario “Mahou”. Basanta, que están a arrasar co seu último traballo, “Colorama”, levarán a maxia o misterio e o fuzz ó escenario “Aguas de Mondariz”, no que abrirán o festival os gañadores do concurso de Bandas 2018, Atomic Lemons. Os lisboetas Her Name Was Fire completarán o cartel do sábado subindo os decibelios co seu stoner arrasador.
O venres 20 estará a unha das bandas galegas con mais proxección do momento. Os vigueses Stoned At Pompeii, que xa están a xirar por todo o mundo co seu traballo “Ancroidal”, paticipando en festivais tan importantes como o Resurrection Fest. A banda local MET, que xa participaran na primeira edición do festival, volven a casa co seu espirito indie. Abrirán a xornada do venres os alumnos da CDM (Rock School) de Ponteareas, o futuro do Rock and Roll, que namoran co seu precoz talento e a súa espontaneidade.