Esta denuncia de Tráfico destapou a existencia dun automóbil do que, ata o de agora, non tiña constancia o goberno de Ponteareas, que ademais solicitou a baixa temporal do vehículo.
Coa chegada desta multa e dunha seguinte por exceso de velocidade comezáronse as pertinentes xestións. O Concello puido pescudar que o coche desapareceu alo menos no ano 2010, no que o a administración local deixou de aseguralo.
Non se descarta que esta desaparición estea relacionada coa compra, a prezo simbólico, dun vehículo Citroen C-15, pero o Concello non podía dispor do todoterreo, pois a propietaria legal é a Xunta de Galicia.