Ademais celebrarase a tradicional ‘masterclass’, nesta ocasión a cargo de Peter Bernstein o 27 e Jesse Van Ruller o 28, e haberá ‘jams sessions’ posteriores aos concertos que abrirán Emilio Atantes e Diego Alonso con cadanseu cuarteto.
Como hai xa dous anos, o evento gastronómico Rilla na rúa acompañará ao festival coas súas camionetas con comida gourmet aparcadas no paseo da Foz e patrocinando a actuación de rúa do grupo das Rías Baixas ‘Low Bay Hot Band’ na sesión swing da tarde do sábado.
O valenciano Voro García será o gran protagonista do venres. Este trompetista comezou a tocar aos 8 anos, sendo becado para estudar Jazz no Berklee College of Music (Boston), onde se graduaría magna cum laude no 2007. Ten actuado en importantes festivais con diferentes proxectos como Montreaux Jazz Festival (Suiza), Copenhagen Jazz Festival, Festival de Jazz de Campeche (Mexico), Manila Jazz Festival (Filipinas)… Nesta ocasión unese a Chris Cheek (saxo tenor) e Peter Bernstein (guitarra), protagonistas en pasadas edicións do Nigranjazz, e Dee Jay Foster (contrabajo) y Roberto Gatto (batería).
Ao día seguinte (28) a actuación principal será a cargo do guitarrista holandés Jesse van Ruller, gañador en 1995 do premio Thelonious Monk International Jazz Guitar Competition, sendo o primeiro europeo en alcanzar este prestixioso premio cun xurado composto por xenios como John Scofield, Pat Metheny, Jim Hall e Pat Martino. Jesse compartiu estudio e escenarios con músicos coma Tom Harrell, George Duke, Christian McBride, Clarence Penn…
O cartel do XXII Nigranjazz, deseñado polo nigranés Andrés H. Bonader, gañador do ano pasado tamén, será o empregado para difundir esta edición tras resultar gañador entre as 45 propostas presentadas ao concurso Quin Alborés. O xurado salientou que se trata da imaxe cun maior nivel artístico entre tódalas propostas presentadas e a que mellor reflicte a personalidade do evento. Destaca a harmonía e elegancia de toda a composición, a aparente sinxeleza da mesma e a sensación de limpeza visual que outorga todo o seu conxunto.
Programa da XII edición do Nigranjazz
Venres 27 de Xullo
Auditorio do Concello
12:30: Masterclass con Peter Bernstein
Auditorio ao aire libre da Foz do Miñor:
21:00: Xacobe Martínez Antelo Trío
22:30: Voro García Quintet
24:00: Jam Session con Emilio Atanes Cuarteto
Sábado 28 de Xullo
Auditorio do Concello
12:30: Masterclass con Jesse Van Ruller
Paseo da Foz do Miñor:
19:30: Swing Session con The Low Bay Hot Band.
Auditorio ao aire libre da Foz do Miñor:
21:00: Dani Font Trío.
22:30: Jesse Van Ruller Trío
24:00: Jam Session con Diego Alonso Cuarteto