O evento, con sesión infantil de balde de 12.00 a 14.00 horas e para maiores de 16 anos de 15.00 a 23.00 horas, está previsto para preto de 3.000 persoas e terá lugar en 1.500 metros cadrados da zona de aparcamento de Praia América-Lourido. As entradas están á venda dende 10 euros en Woutick.
“Trátase dun evento moi animado que na súa estrena o ano pasado en Nigrán atraeu a milleiros de persoas que gozaron nun ambiente saudable e divertido. Terán cabida as familias completas porque pola mañá, e de xeito gratuíto, haberá unha sesión para os cativos de 12:00 a 14:00 horas”, destacou o alcalde, Juan González.
A ‘Midnight Nigrán Paint Party’ é unha experiencia completa onde o público, ademais de empaparse de máis de 2.000 litros de pintura totalmente ecolóxica, baila con DJ’s nacionais e internacionais de primeiro nivel, goza de actuacións en directo, animación, espectáculo pirotécnico… A pintura, a gran protagonista, dispénsase desde oito canóns xunto ao macroescenario, dúas bombas con mangueira e caldeiros.
“A marca ‘Midnight’ é un referente mundial neste tipo de eventos realizándoos por todo o país e acadando o recoñecemento por todo o planeta con residencias como Privilege Ibiza (a discoteca máis grande do mundo) ou Pacha La Pineda, a marca actual máis importante de ocio nocturno”, engade André Vázquez dende a organización.
Os menores de idade (16 e 17 anos) que desexen acudir á sesión de 15:00 a 23:00 horas deberán presentar á entrada do festival unha autorización dos pais ou titores que poden descargar no enlace http://bit.ly/Autorizacion-Paint.