O evento, con sesión infantil gratuíta de 12.00 a 14.00 horas e para maiores de 16 anos de 15.00 a 23.00 horas, tivo lugar en 1.500 m2 da zona de aparcamento de Praia América-Lourido. «Trátase dun evento moi animado que na súa estrena o ano pasado en Nigrán atraeu a milleiros de persoas que gozaron nun ambiente saudable e divertido. Terán cabida as familias completas porque pola mañá, e de xeito gratuíto, haberá unha sesión para os cativos de 12:00 a 14:00 horas», destaca o alcalde, Juan González.
A ‘Midnight Nigran Paint Party’ é unha experiencia completa onde o público, ademáis de empaparse de máis de 2.000 litros de pintura totalmente ecolóxica, bailou con DJ’s nacionais e internacionais de primeiro nivel, gozou de actuacións en directo, animación, espectáculo pirotécnico… A pintura, a gran protagonista, dispénsouse desde oito canóns xunto ao macroescenario, dúas bombas con mangueira e caldeiros.
«A marca ‘Midnight’ é un referente mundial neste tipo de eventos realizándoos por todo o país e acadando o recoñecemento por todo o planeta con residencias como Privilege Ibiza (a discoteca máis grande do mundo) ou Pacha La Pineda, a marca actual máis importante de ocio nocturno», engade André Vázquez dende a organización.