Segundo advirten, o persoal facultativo dos PAC da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo “está a padecer a falta de cobertura en moitas quendas de traballo”, situación que “se agrava polo aumento de frecuentación de doentes no verán”.
Así, aseguran que nesta pasada semana non se substituíron ausencias nos PAC de Redondela, Moaña, Porriño e A Guarda e que a dirección lles xustifica a falta de reemplazos pola “escaseza de profesionais”.
Desde CCOO esixen unha maior previsión na organización dos calendarios e a cobertura de todas as ausencias. Do mesmo xeito, instan a ofertar “contratos que favorezan a estabilidade” para este persoal no lugar de “mini-contratos que invitan aos profesionais a emigrar a outras comunidades” na procura de emprego seguro.