“Apenas comezou o verán e os problemas non fixeron máis que empezar. Dá igual que a política de vacacións para o persoal sanitario de Atención Primaria na EOXI de Vigo este ano sexa do máis restritiva. Dá igual que a Xerencia negara o dereito a acollerse á conciliación familiar rexeitando todas as peticións de redución de xornada que realizou o persoal médico antes do verán. Dá igual que negara o dereito a gozar de quincenas de vacacións en período estival a algún dos seus traballadores. Nada é suficiente para tapar a mala xestión de Recursos Humanos desta Xerencia nos últimos anos.
A última volta de torca por parte da Administración é a de deixar descubertos nos Puntos de Atención Continuada (PAC) -servizo de urxencias de Atención Primaria- ante ausencias imprevistas. Ou o que é o mesmo, se un médico se indispón, ou polo motivo xustificado que sexa non pode acudir a súa garda, non se pon a ninguén no seu lugar.
Isto ocorreu o xoves 5 de xullo no PAC de Redondela; e o sábado día 7 a doutora que estaba de garda no PAC de Moaña ata as 22:00 horas tivo que prolongar a súa xornada ate as 8:00 horas (10 horas) porque ninguén foi relevala; o xoves día 12 tocoulle de novo a Redondela: de dous médicos no PAC na quenda de tarde só se cubriu un; o venres 13 ocorreu o mesmo no PAC do Porriño; e o sábado 14 na Guarda, zona de turismo con aumento de poboación en meses estivais, onde un só medico tivo que atender as urxencias da comarca porque ninguén se fixo cargo do reforzo de fin de semana o sábado pola tarde.
A consecuencia de todo isto é que se permite que un só medico se teña que facer cargo do traballo para o que dous efectivos xa se teñen mostrado insuficientes en moitas ocasións. Xa non é unha cobertura de mínimos, atopámonos nunha situación de “sálvese quen poida”, e o peor é que os feitos demostran que non se trata de nada puntual.
Poñámonos no exemplo de que un doente acode ao seu PAC afectado por unha patoloxía grave e repentina. Algo que lle pode pasar a calquera no verán: unha picadura de insecto que teña como consecuencia unha reacción alérxica grave. O doente chega ao PAC con mareo e dificultade respiratoria e o médico non estea porque tivo que ir realizar unha asistencia a un domicilio, ou si esta pero non lle permitiron rematar a súa quenda de traballo e leva traballando moitas máis horas das que lle correspondían. No primeiro suposto, o persoal da recepción do PAC tratará de prestarlle axuda sen ser sanitario. No segundo, será atendido por un médico exhausto. En ambos os casos o máis probábel é que a situación se resolva dun xeito favorábel para o doente. A realidade é que profesionais ao límite están a poñer a súa vida ao servizo dun sistema que fai augas por todos os lados.
A solución que propón a Administración é a de pechar servizos, deixar descubertos e cruzar os dedos para que nada irremediábel suceda. Até o de agora a xogada está a saírlles ben e parece que non nos queda máis remedio que seguir confiando no azar e no traballo ao límite dos que seguimos intentando manter o barco a flote”.
O Porriño, 15 de xullo de 2018.
Asinado:
Elisa Ausín Rodríguez. Médica de Familia no PAC de O Porriño
Esther López Carbajales. Médica do PAC de Ponteareas
Nuria Maquieira. Medica do PAC de Ponteareas
Elena Romera. Médica PAC de Redondela
Laura Fernández Gil. Médica do PAC da Guarda
Tania Monteagudo Fontán. Medica do PAC da Guarda.
Sonia Vázquez López. PAC de Redondela
Begoña Peiteado Garrido. Medica PAC de Vigo
Severino Seguín Cid. Enfermeiro PAC Redondela
Maite Espantoso Romero. Medica PAC de Vigo
Esther Cereijo González. PAC de Redondela
Maria Dolores Argibay Pereira. PAC de Tui
Juan Domingo Paz Sampedro. Médico PAC de Vigo
Ana M. Álvarez Rodríguez. Médica PAC de Tui
José Ruiz Almendro. Médico PAC Redondela
Silvia González Sánchez. Enfermeira PAC de Ponteareas
Montserrat Rodríguez Cabaleiro. Médica PAC de Porriño
María Teresa Mesías González. Médica PAC de Porriño
José García Fernández. Médico PAC de Porriño
Marta Rodríguez Domínguez. Médica PAC de Porriño
Esther Rego Sieira. Médico PAC de Porriño
Laura Silva Araujo. Médica PAC de Porriño
Carlos Gabián Pereira. Médico PAC de Tui
Svetlana Ulesova. Médica PAC de Porriño
Paula Fernández Varela. Médica PAC de Tui
Pilar Rodríguez Pérez. Enfermeira PAC da Guarda
Mª Mercedes Velasco. Enfermeira PAC da Guarda
José Chamorro. Enfermeiro PAC de Vigo
Nancy López Martínez. PAC de Tui
Jorge Cameselle Teijeiro. PAC Cangas/Moaña
Mar Orge Amoedo. PAC de Tui