«Trátase de divulgar como se está a conformar a gran reserva do fondo das Illas Cíes para trazar e valorar a súa importancia», explicou Abel Caballero tras reunirse este luns cos científicos encargados dos relatorios.
As xornadas arrancan o mércores 18 na Praza da Constitución, ás 21:00 horas, cunha proxección documental de 45 minutos dividida en tres bloques correspondentes á maragota, os tiburóns e as centolas. Tamén se promoverá un diálogo cos asistentes, segundo detallou o alcalde.