O material está a disposición dos usuarios con necesidades especiais que o soliciten nos respectivos postos de socorrismo de Praia América, Panxón e Patos, no horario en que estes están abertos (de 12:00 a 20:00 horas).
O servizo de baño en cadeira anfibia, como xa viña sendo habitual, ofrécese no posto de Praia América e sempre baixo a tutela dun dos dous socorristas que alí están sempre presentes.
As cadeiras anfibias permiten entrar na auga e mergullarse baixo a tutela dun socorrista. Así mesmo, os andadores-cadeira e as muletas con base de apoio ampla -ambos especiais para praia- posibilitan tamén o baño ás persoas que presentan algún problema físico.