O Concello promove, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, este festival con “vocación de permanencia” e coa idea de que se converta no evento musical que peche cada ano a programación de verán da vila. Ademais, a intención é que “sirva de plataforma para dar a coñecer as bandas máis locais”.
Ao igual que o Nigránjazz na Foz, o Vive Nigrán en Praia América-Lourido e o Solpor en Monteferro, Rock in Patos pretende ser unha oferta cultural e tamén unha posta en valor dos mellores escenarios naturais de Nigrán.
Riff-Raff, coñecido polas súas versións de AC/DC e que xa se relacionou con grandes do ‘hard rock’ como Whitesnake, Los Suaves ou Rosendo, ofrecerá o seu concerto en Patos a partir das 22:30 horas. Previamente, ás 20:30 horas, actuará Kalambrazo.