Este novo curso da formación viguesa destaca por ser o máis variado e equilibrado na súa oferta musical. Dentro da programación sinfónica atópanse obras de gran formato como a 6ª sinfonía de Tchaikovsky, cunha orquestración máis clásica, o programa integramente dedicado a Mozart ou incluso a fusión de compositores clásicos e grandes temas do pop-rock.
Pola súa banda, a sección composta por xente nova e a barroca ofrecerán cadanseus concertos, quedando os tres actuacións a cargo de diversas formacións camerísticas, con propostas tan interesantes como unha versión da primeira sinfonía de Mahler ou unha fascinante viaxe musical no tempo cos relatos do viaxeiro inglés do século XVIII Charles Burney como fío condutor, que estarán narrados pola escritora Iolanda Zúñiga.