Máis de 650 hectáreas (6.500.000 de m2) de monte serán revalorizadas e convertidas en grandes parques forestais para o desfrute da cidadanía e todos os que se acheguen a Ponteareas.
“Agradezo a boa disposición das Xuntas Directivas e dos veciños e veciñas de cada unha das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común que facilitaron a posta a disposición do Concello dos terreos para realizar os Parques Forestais” manifestou o alcalde Xosé Represas, que lembrou a línea de colaboración coas Comunidades de Montes iniciada polo actual goberno municipal.
Ponteareas contará nunha primeira etapa con catro grandes áreas forestais que simbolizarán a importancia do patrimonio natural, paisaxístico e cultural dos montes de Ponteareas e tamén a relevancia do monte veciñal, unha figura xurídica de posesión da terra propia de Galicia. Represas destacou que “con esta iniciativa de potenciar os espazos naturais proponse tamén unha alternativa de ocio e turismo ambiental que cada día conta con máis demanda”