O horario da zona azul é de 09:00 a 14:00 horas tódolos días laborais, agás domingo e festivos e permitirase aparcar nesta zona unha hora e media ao día totalmente de balde. Tan só haberá que premer o botón verde, marcar a matrícula do vehículo e volver premer o botón verde para proceder á retirada do ticket e colocalo no parabrisas.
Unha vez conclui?do o tempo ma?ximo de utilizacio?n, o vehi?culo debera? abandonar o estacionamento e non podera? volver aparcar durante o horario establecido para limitacio?n de estacionamento durante esa xornada.
A zona azul seguirá sendo de balde e nos parquímetros expedirase un ticket no que figure o número do expendedor e os datos do vehículo así como a hora de comezo e remate do estacionamento. Para asegurar a rotación e bo funcionamento da zona azul no ticket incorpórase o número do expendedor que identifica cada parquímetro.
A zona azul ten como obxectivo dinamizar as zonas de aparcamento e que toda a veciñanza teña a oportunidade de achegarse ao centro urbano para realizar as súas compras e xestións.
Para a concelleira de Seguridade Cidadá a zona azul garante máis axilidade e maior oportunidade de aparcamento quedando as zonas de aparcamento municipal, que se atopan no perímetro do centro a unha distancia inferior a cinco minutos andando, para aqueles vehículos que precisen estar estacionados un longo prazo de tempo. A cidadanía poderá atopar trípticos informativos na casa do Concello, na biblioteca, nas dependencias da Policía Local e nos comercios do centro urbano.