O percorrido partirá da fortaleza do Castro e pasará polos escenarios vigueses da novela e polos lugares que sabemos que pasou Verne nas súas dúas visitas a Vigo, finalizando na Praza da Constitución. “É moi bonito introducir Vigo nunha novela que non sabes onde vai chegar e ver logo que acaba nos fogares de nenos e maiores de todo o mundo”, asegurou Costas na presentación da actividade.
As 50 prazas que hai para o percorrido xa están cubertas pero é posible anotarse na lista de espera por se hai baixas.