No caso do IBI, aplicaríase unha redución da taxa do IBI rústico do 0,31% actual ata o 0,30%, situándoo deste xeito no mínimo que permite a lei de facendas locais. En canto ao IBI urbano, rebaixaríase do 0,52 ao 0,49 por cento.
Esta medida ten coma obxectivo diminuír o impacto na economía dos veciños da regularización catastral e a conseguinte suba do valor catastral fixados polo estado.
Tamén se pretende modificar á baixa o IAE, neste caso baixando a taxa de localización do 0,8 ao 0,7 por cento para empresas situadas en polígonos e ata o 0,6 por cento para o resto das empresas. Esta medida permitirá as empresas situadas no termo municipal un aforro nos cartos destinados a impostos, podendo destinalos a outros fins empresariais.
A estas dúas baixadas impositivas hai que sumar a supresión do imposto da plusvalía outra medida tomada polo goberno local no remate do 2017, por entender, tal como declarara no seu día Carlos Vázquez Padín, que se trata dun imposto “inxusto xa que actúa coma un segundo imposto de sucesións e doazóns” apuntando que se cobraba incluso naqueles casos onde hai unha desvalorización da propiedade.