O obxectivo desta campaña, coa que colabora a Deputación de Pontevedra, é promover a sensibilización da opinión pública fronte o problema da propagación destes insectos, reducir o seu impacto ambiental na comarca, controlar o uso de trampas non selectivas e mellorar o coñecemento da especie.
Dende o Concello, a través do edil Alfonso Vázquez, repartíronse este ano de balde entre os veciños cen trampas -que se suman ás 150 anteriores- e cen litros de líquido atraínte. Asemade, o propio concelleiro fumigou cen niños, o último este mesmo xoves.