As interrupcións puntuais na circulación coincidirán co momento do paso do transporte das vigas prefabricadas con destino ao Viaduto da Fraga, e se centrarán en dous puntos concretos da rede próxima ao entorno das obras, na estrada Meira-Moaña e no paso superior situado no enlace de Meira. O tráfico será desviado polo ramal de acceso ao enlace de Meira.
Segundo a programación dos traballos, o transporte das vigas realizarase unha vez á semana, e durante aproximadamente nove semanas, estando resolto a organización do tráfico durante os cortes intermitentes para minimizar a incidencia no mesmo.
Trátase de acompasar o ritmo de transporte do material necesario para executar esta nova infraestrutura.
Na estrada Meira-Moaña, á altura da rotonda situada xunto ao aceso das piares do viaduto, realizarase o corte para evitar o paso dos vehículos cara á rotonda de Meira mentres duren as manobras de entrada das vigas ás obras.
No paso superior situado no enlace de Meira, no lado do ramal de saída do corredor en sentido Rande, o corte eventual evitará o paso dos vehículos procedentes do corredor que queiran proceder ao o cambio de sentido cara Cangas, o ben transiten pola estrada provincial en dirección a Meira.
Ao rematar as manobras de acceso do transporte das vigas ao interior da obra, procederase a apertura do tráfico na zona que se fixo necesario interromper ou desviar o tráfico.