No escrito difundido, advírtese incluso que o Sergas ten suspendidos na práctica “case todos os permisos” e que un traballador dun PAC ten moi difícil acollerse a unha redución de xornada por coidado de fillo ou persoa dependente.
“É unha lotería poder gozar dun día de libre disposición aos que por lei temos dereito. É un senvivir planificar unha viaxe en vacacións porque quizais a última hora aparezan como ‘denegadas’. A última volta de torca é a de obrigar os facultativos a realizar xornadas de 17 ou 24 horas nos seus períodos de descanso e avisando con moi pouco tempo de antelación. Esta semana unha compañeira con dous fillos menores a cargo viuse obrigada ‘por necesidades do servizo’ a realizar una xornada de 65 horas nunha semana, a maioría delas en tramo nocturno e festivo”, denuncian os promotores do escrito.
Ademais, os traballadores dos PAC da área viguesa aseguran que non hay “posibilidade de réplica” nin “planificación previa” por parte dos responsables santiarios. “E non é unha excepción, desgraciadamente é a tónica das últimas semanas. Obrigados a traballar sobrepasados de horas, extenuados, cunha responsabilidade tremenda en dispositivos que soportan una presión asistencial que supera con moito o razoable”, proseguen.
O persoal deste servizo tamén fala de soldos conxelados desde o ano 2010, cómputo horario que obriga a “recuperar” parte das horas que non se traballaron por estar de baixa, dietas insuficientes para comer ou cear durante una garda, uniformes inadecuados, posibilidade de aumento de xornada en calquera momento e unha negociación de 10 meses coa Consellería para resolver estes puntos que, por estéril, rematou nunha folga.
Así, os profesionais alertan de que este “desprezo” ao labor, tempo de descanso e vida familiar inflúe “directa e negativamente” na calidade da asistencia aos pacientes. “O inverno só acaba de comezar e habitualmente en Galicia adoita ser moi duro”, advirten.