A acción desenvolverase durante o horario de apertura do establecemento, onde os interesados en doar alimento para gatos poderán depositar a súa contribución. Tamén se pode deixar calquera outro produto para o coidado dos felinos.
Ademais de colaborar con estas achegas, quen así o desexe poderá apoiar esta campaña doutros xeitos tales coma: facéndose fogar de acollida, adoptando un gatiño e/ou colaborando como voluntarios.
Esta campaña conta coa inestimable colaboración e participación de protectoras e voluntarios, sen os cales non tería sido posible poñer en marcha esta campaña de control de colonias de gatos sen dono na rúa baixo o lema ‘Ti decides, esteriliza’.
Os obxectivos da campaña de control de colonias de gatos sen dono na rúa, que ten como lema ‘Ti decides, esteriliza’, son a recollida de alimentos e produtos de coidado, a esterilización, adopción e acollida temporal dos gatos das colonias existentes en Mos.
A iniciativa inclúe tamén unha parte de sensibilización mediante o reparto de dípticos informativos. Así, o Concello quere concienciar á cidadanía sobre as colonias de gatos abandonados e da necesidade de esterilizalos e alimentalos para que vivan nunhas condicións óptimas e salubres e para ter as colonias controladas, sen que aumente o número de membros nin se formen outras novas.