A campaña xorde da colaboración entre a administración local, a editorial e a concesionaria e, como primeira acción, o alcalde de Vigo fixo un tramo do traxecto da liña de transporte urbano, entre a Porta do Sol e o Concello distribuíndo exemplares da novela entre as persoas que viaxaban no autobús neses momentos.
‘Adiós María’ publicouse por primeira vez en 1971 e está considerada como unha das obras máis importantes da creación literaria galega do último terzo do século XX. Galaxia volveu editala este ano 2018.