O xuíz daba dez días para o desaloxo do material explosivo, que expiran o día 30, e todo parece indicar que non se cumprirá este prazo por parte dos encargados do desaloxo. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, manifestou que se manterá puntualmente informado ao xuíz de todo o que aconteza e de calquera cuestión que retrase os prazos por cuestións alleas á vontade municipal.
Ás 09.00 horas a Policía Local desprecintou as instalacións, que foron abertas a continuación por un familiar do propietario. Accederon a elas efectivos da Polícía Local, os TEDAX, Intervención de Armas da Garda Civil un efectivo do Consorcio Provincial de Bombeiro, xunto ao alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro.
Calcúlase que no que interior das instalacións pode haber 2.700 quilos de material pirotécnico e explosivo, do que parte foi o intervido nos dous almacéns clandestinos localizados tras a explosión no barrio da Torre.
Vázquez Padín, explicou que Intervención de Armas da Garda Civil e os TEDAX entregarán este venres o cronograma para o desaloxo, que se realizará, probablemente, o longo da próxima semana. Por outra banda, o mandatario municipal manifestou que o Concello tiña os deberes feitos para comezar coa demolición, para o que este mércores chegou a autorización do ISSGA para a retirada do amianto, e tamén foi contratada por tramitación de emerxencia a empresa que es fará cargo da demolición.