Nesta ocasión cociñaranse 5.000 racións, pero a organización advirte de que estarán preparados para aumentar este número se fixese falta. O prezo de cada ración para levar para a casa será de 5 euros e para tomar ‘in situ’ 7 euros, incluíndo pan, viño branco de Arantei e cunca e prato de agasallo.
O evento contará con animación musical ao longo de todo o día a cargo de Single Radio. Dende a organización da festa esperan que, tras este segundo ano, a celebración perdure moitas máis edicións, para o que tentarán seguir mellorando.