A concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, animou este xoves a toda a cidadanía a acudir o día 3 ás 11.30 horas á Praza da Estrela cun paraugas para apoiar unha acción que pretende visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.
Tal e como explicou a directora de Apamp, Concepción Somoza, este ano participarán por primeira vez alumnos de centros educativos de infantil e primaria, como unha clara aposta por traballar a inclusión desde as aulas para conseguir un cambio social real.
Nesa xornada serán as persoas con discapacidade as que lean un manifesto coas súas principais reivindicacións, en representación das seguintes entidades: Asociación de familias de persoas con parálise cerebral (Apamp); Alento; Fundación Aldaba; Federación Aspace Galicia; Aceesca; Centro Juan María; Aspanaex; San Xerome; HC San Rafael Vigo; Avempo; DiscaminodeSantiago e EVD Galicia.