«Concibimos o acceso a internet como un dereito máis das persoas. A finalidade é contribuír a reducir a fenda dixital que se produce en moitos fogares que non poden afrontar o custe do servizo. Queremos achegar o uso das novas tecnoloxías, forma parte do noso proxecto global ‘Un Nigrán para todos’, pero non hai que esquecer que beneficiará tamén aos visitantes», subliña o alcalde, Juan González.
Para acceder a ela, os usuarios deberán rexistrarse previamente a través de correo electrónico, facebook, google+, twitter, sempre con contrasinal. O máximo de conexións simultáneas será de 150, unha vez superada esa cifra as novas solicitudes quedarán en espera ata que estean dispoñibles novamente. Por este motivo, o tempo de navegación estará limitado a unha hora continuada, momento no que o sistema solicitará que o usuario volte a validar a sesión.
A prestación deste servizo wifi conta coas autorizacións pertinentes da Comisión do mercado de telecomunicacións e se acolle as limitacións en canto a tráfico e velocidade dos datos fixados pola mesma dentro da lexislación vixente para Administracións Públicas. O servizo foi instalado pola empresa local 104 Cubes S.L, radicada en Porto do Molle.
Compre sinalar que o wifi de acceso gratuíto e libre comezou a súa andaina no 2005 en Tallín (Estonia), seguido de Helsinki, Londres, Barcelona… «É unha tendencia imparable, signo de modernidade, á que se irán sumando cada vez máis cidades e pobos, independentemente do seu tamaño», engade González.