En palabras de Carmela Silva, “Galaicos” e moito máis que un libro ou unha exposición á que deben asistir, unha historia que deben coñecer ou un recurso turístico que deben visitar. Estamos ante un fito que marca un antes e un despois na mirada que a cidadanía debemos ter sobre o noso pasado pero tamén na mirada que os e as visitantes deben ter sobre o potencial de Pontevedra Provincia”. A presidenta provincial recordou que “Galaicos” é a proba de que sempre fomos unha cultura aberta e creativa que ocupou unha posición central fai 2000 anos. “Sempre nos contaron que a cultura importante era a mediterránea pero non era certo, amósao a investigación e os descubrimentos nos nosos xacementos. A atlántica foi potentísima e neste recuncho do mundo se encontraban ambas as dúas”. Silva citou a Plinio el Viejo “que dicía que se atopou cunha cultura matriarcal, democrática, avanzada. Fixéronnos crer que eramos a periferia e era falso. Hoxe sa sabemos que as Cassitérides estaban aquí e ninguén se atreve a negalo”. A presidenta da Deputación animou a mercar o libro porque “é apostar por nós, polo que somos. Fala da pegada que deixaron na nosa cultura como a que a nosa deixou nelas. Falan da nosa lingua, da nosa xente, de comercio e de economía. Galaicos conta historias e amosa imaxes das que estamos namoradas e namorados pero da que queremos que se namoren en todo o planeta”, dixo. “Unha cultura que permanece hoxe presente nas nosas lendas e tradicións, nas pedras dos maravillosos xacementos que forman parte tanto da exposición como deste libro e na nosa lingua con palabras tan fermosas e tan nosas como “carballo, beizo, chousa, laxe, meniño ou toxo”. Unha cultura, dixo Silva, da que bebemos a través relacións de intercambio comercial con outros pobos e para os que o noso territorio foi envexado tanto pola posición estratéxica -a 4 dias de navegación de Cardiff en Reino Unido e a 4 días de navegación de Cádiz- como pola nosa riqueza en recursos e materiais”.
A presidenta asegurou que “a lectura deste libro ábrenos unha nova perspectiva sobre o noso territorio: o estaño, o mar, os cereais ou os microclimas cun papel determinante en asentamentos, creación de factorías ou vías de comunicación. Sobre a paisaxe, con xacementos en espectaculares paraxes cun control visual único do territorio, sobre a nosa identidade forxada pola suma de culturas das que recollemos os mellores valores“, dixo. Silva agradeceu a Henrique Alvarellos e Rafael Rodríguez “o compromiso polo noso patrimonio e a implicación neste proxecto”. Tanto o editor como o arqueólogo subliñaron “ao equipo de arqueoloxía como o de turismo para que tiñamos nas mans unha guía única que fala de 2000 anos da nosa historia, con imaxes espectaculares, ilustracións e pezas”. Ambos os dous invitaron a que “a xente colla este barco e viaxe e se mergulla nas Rías Baixas ata a época tardo antiga. Paga a pena”.
“Galaicos” conta cos textos de Antoni Nicolau, Xurxo Allán, Diego Piay, Mª Luísa Castro e Rafael Rodríguez, nas ilustracións de Iñaki Dieguez e Juan de Dios Tenorio e nas fichas de Alejandro Güimil. En Galaicos, un pobo entre dous mundos, as persoas que o lean poderán atopar os máis importantes xacementos como Castrolandín -Cuntis, na Lanzada-Sanxenxo, nas Salinas-Vigo, en Monte de Facho-Cangas, en Toiríz-Silleda, na Cabeciña-Oia, en Mercado dos Mouros-Valga, na Subidá-Marín, en Alobre-Vilagarcía de Arousa, en Adro Vello-O Grove, en Monte do Castro-Ribadumia, en Alto dos Cubos-Tui, en Alto da Cruz do Castro-Cerdedo Cotobade, no Castro de Donón_Cangas, no Castro de Penalba-Campo Lameiro, en Troña_Ponteareas, en Porta do Arcos en Rodeiro, no Tegra-A Guarda ou en Taboexa-As Neves.